Recoñecementos institucionais

Distincións

Premios, medallas e homenaxes que forman parte da memoria da Sociedade.

Recoñecementos institucionais

Distincións

Premios, medallas e homenaxes que recoñecen máis dun século de compromiso coa música, coa cultura galega e coa cidade de Pontevedra.

Consultar a relación

Centenario · 2025–2026

Recoñecementos dun século de música

Moitas destas distincións forman parte dos actos do centenario. Concertos, conferencias, exposicións e homenaxes poden consultarse na páxina específica da celebración.

Visitar a páxina do centenario

Memoria institucional

O recoñecemento a unha obra colectiva

Cada distinción pertence ás xeracións de cantoras, cantores, direccións musicais, xuntas directivas e persoas colaboradoras que fixeron posible a continuidade da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra desde 1925.

01
1950–195125 aniversario · entrega do 22 de xaneiro de 1951

Primeira Medalla de Prata da cidade de Pontevedra

Concello de Pontevedra

Concedida no marco do 25 aniversario da Sociedade, foi un dos primeiros grandes recoñecementos institucionais á traxectoria artística e cultural da Polifónica.

Acto e documentación

A medalla foi entregada solemnemente no Teatro Principal de Pontevedra o 22 de xaneiro de 1951. O alcalde Remigio Hevia Marinas impúxolla ao director Antonio Iglesias Vilarelle en representación da Sociedade.

02
195922 de novembro de 1959

Primeira Medalla de Prata de Santa Cecilia de Marín

Asociación de Cultura e Arte «Santa Cecilia» de Marín · actual Ateneo Santa Cecilia

A Polifónica recibiu a Primeira Medalla de Prata da histórica entidade cultural marinense, creada para promover a música, as artes e a vida cultural da vila.

Acto e documentación

A imposición tivo lugar no Teatro Avenida de Marín durante un concerto celebrado o 22 de novembro de 1959, festividade de Santa Cecilia e sétimo aniversario da entidade.

03
1975Ano das Vodas de Ouro

Premio Amigos de Pontevedra 1975

Asociación de Amigos de Pontevedra

Recoñecemento concedido pola Asociación de Amigos de Pontevedra no ano en que a Sociedade celebraba o seu cincuentenario, incorporándose á memoria das Vodas de Ouro da Polifónica.

Acto e documentación

A concesión en 1975 aparece recollida tanto na documentación histórica da Sociedade como en fontes institucionais posteriores. O galardón recoñece a vinculación da Polifónica coa cultura e co prestixio da cidade de Pontevedra.

04
Recoñecemento históricoData pendente de documentar

Colaboradora de Honra da AEDET

Asociación Española de Escritores de Turismo (AEDET)

A documentación histórica da Sociedade recolle a súa condición de Colaboradora de Honra da AEDET, unha entidade estatal vinculada á comunicación, á promoción turística e á proxección cultural dos territorios.

Acto e documentación

AEDET foi unha das organizacións pioneiras do xornalismo e da literatura de viaxes e turismo en España e antecedente da posterior Federación Española de Periodistas e Escritores de Turismo.

05
Recoñecemento históricoData pendente de documentar

Medalla de Prata das Rutas Cicloturísticas do Románico

Rutas Cicloturísticas do Románico

Distinción concedida por unha iniciativa pontevedresa que uniu durante décadas o cicloturismo coa investigación, a divulgación cultural e a defensa do patrimonio románico.

Acto e documentación

A relación entre ambas as institucións prolongouse no tempo. En 2009, a Fundación Cultural Rutas del Románico organizou na igrexa de San Francisco de Pontevedra un concerto da Polifónica en homenaxe ao Padre Luis María Fernández Espinosa.

07
2022Agosto de 2022

Diploma de Amigos de Pontevedra

Asociación de Amigos de Pontevedra

Novo recoñecemento público da entidade á traxectoria e á presenza da Polifónica na vida cultural da cidade.

Acto e documentación

A entrega do diploma tivo lugar en agosto de 2022, coa participación de integrantes da Sociedade.

Centenario · 2025

Un ano de especial significado

Os recoñecementos do centenario tiveron unha dimensión institucional, pero tamén musical: en cada acto, a Sociedade volveu facer da súa voz a mellor expresión da súa historia.

01

Un século recoñecido

Os galardóns recibidos en 2025 fixeron visible, desde ámbitos xornalísticos, institucionais e académicos, a dimensión musical, cultural e patrimonial da Sociedade.

02

A música dentro das cerimonias

A Coral non foi unha presenza pasiva nos actos: participou musicalmente nas entregas de Pontevedreses do Ano, do Premio Otero Pedrayo e da Medalla Marcial del Adalid.

03

Documentación aberta

A relación seguirá completándose con diplomas, fotografías, actas e datas exactas procedentes do arquivo da Sociedade e doutras institucións.

Memoria documental

Premios que forman parte do noso patrimonio

Diplomas, medallas, selos, programas e fotografías conservan a memoria material destes recoñecementos e permiten seguir ampliando a historia institucional da Sociedade.

Volver a A Coral